O Balonmán Miño recibe este sábado, na súa hora habitual, ás 18:45 h no Pavillón Universitario de Ourense ao Parrillada La Ronda Arteixo Balonmán. Un equipo con moita xuventude no seu plantel, que avantaxa aos ourensáns en 3 puntos na clasificación, 7 puntos, que o sitúan na cuarta plaza da táboa.
O equipo azulón tentará recuperar sensacións despois da dura derrota recibida o fin de semana anterior na cancha do líder. Preséntase novamente con numerosas baixas pero os xogadores dispoñibles darán todo para seguir invictos como locatarios.
Uns desastrosos últimos minutos de encontro deron ao traste cas opcións de vitoria dun Miño que foi por diante do marcador en prácticamente a totalidade do encontro.
Unha moi boa defensa durante o primeiro tempo mantivo á liña a un Arteixo, equipo moi novo e con moito ritmo de xogo, ata conseguir chegar ao descanso cunha vantaxe de tres goles, 16-13.
No segundo acto, os coruñeses recurtaban distancias que os ourensáns conseguian aumentar ata un máximo de tres goles que parecían que en calquera momento se escaparían e sentenciarían o partido. Nada máis lonxe da realidade, posto que os de amarelo non deron por perdido o encontro en ningún momento e loitaron ata o final.
Nos cinco últimos minutos, unha sucesión de erros do equipo azulón fixeron que as tornas se invertisen e que o Parrillada La Ronda Arteixo se levase os dous puntos.