Xa se pode doar ou cobrar o recadado co carnet de abonado

  • 31/10/2023 14:00
Xa se pode doar ou cobrar o recadado co carnet de abonado

Estimada/o abonada/o,

En primeiro lugar, grazas por apoiar ao Club Balonmán Miño co carnet de abonado.

En segudo lugar, escribímoste porque xa podes reclamar o pago do Abono da tempada 2022/23. Para saber canto gañaches so tes que acceder a URL: https://www.bmminho.com/abonos/ seleccionar a tempada 2022/23 e introducir o teu número de abonado NIF.

Ten en conta que as cantidades poden ser ínfimas dependendo de cando te deras de alta. Ofrecemos a posibilidade de doar a cantidade gañada, para elo so tedes que premer o botón que está situado na vosa área privada. Polo contrario, se queredes cobrar, debedes premer o botón de "cobrar".

Por último, os que queirades cobrar o premio teredes que acudir co carnet de abonado e/ou DNI para que se vos poida pagar á seguinte dirección:
Bar Albatros
Rúa Juan de Anges, 2
32002, Ourense

data límite para cobrar será o 12 de novembro de 2023 ata ás 23:30h.

Todos aqueles que non acudades a cobrar a cuantía, daremos por suposto que queredes doar a cantidade gañada.

Un saúdo,

Club Balonmán Miño

Xa se pode doar ou cobrar o recadado co carnet de abonado

 

Volver ás novas

+