Un empate con sabor a vitoria

9ª Xornada de Liga - 2ª Autonómica Masculina

  • 04/12/2021 19:30:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • U. B. Lavadores Vigo B vs. BM. Miño
Previa

O Balonmán Miño desprázase este sábado, dende as 19:30 horas ao Pavillón Municipal de Lavadores, onde o equipo do barrio homónimo disputa os seus partidos coma locatario.

Enfronte terá ao equipo filial do U. Balonmán Lavadores, un equipo que combina xuventude e veteranía, que ben seguro lle porá as cousas complicadas aos ourensáns.

O equipo do Miño preséntase con varios xogadores entre algodóns e cas baixas confirmadas de Óscar, que sufriu unha pequena rotura fibrilar a semana precendente e Tourón que a mediados desta semana reincorpórase ao traballo en grupo para coller ritmo tras varias semanas no dique seco.

O partido será dirixido polos colexiados Andrea Martínez e Rubén Iglesias.

Post-partido

Un Miño moi mermado foi capaz de sobreporse a todas as adversidades para traer un punto da súa visita a Lavadores na pasada fin de semana.

O equipo comezou dominando o encontro, chegando ter vantaxes de ata 3 goles no primeiro cuarto de hora de partido. A partires dese intre, os colexiados, con decisións moi discutidas por parte do bando visitante, que fixeron que os ourensáns se fosen do partido e os vigueses colleron a cabeza ata chegar ao descanso con dous goles de diferenza positiva.

No segundo acto, o equipo das Burgas tirou de carraxe e foi nivelando o encontro ata poñerse por riba, a pesares de xogar en inferioridade numérica en máis de dez ocasións. Nos últimos segundos, dispúxose de balón para lograr o triunfo, pero dúas boas atalladas do gardarredes local evitaron que os dous, máis que merecidos puntos, se viñesen de volta para terras ourensáns.

 

Un empate con sabor a vitoria

 

Volver ás novas

+