Contundente vitoria do Balonmán Miño contra un rival directo

10ª Xornada de Liga - 2ª Autonómica Masculina

  • 11/12/2021 18:45:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • BM. Miño vs. Sanxenxo Balonmán
Previa

Este sábado á hora habitual, 18:45 h, o Balonmán Miño recibirá no Pavillón Universitario ao Sanxenxo Balonmán, un equipo con tendenza positiva, posto que gañou con facilidade os últimos encontros.

Trátase dun equipo con xente experimentada que lles permite ser moi intensos tanto en ataque coma en defensa.

O Miño chega cargado de moral tras o empate colleitado na visita a Lavadores e do segundo posto obtido na Copa Deputación disputada entre semana. O equipo ourensán irá recuperando efectivos que se sumarán aos seus compañeiros que tan bo esforzo e rendemento deron nos últimos encontros.

Unha vitoria permitirá ao equipo azul continuar escalando postos na táboa e achegarse inda máis ás primeiras prazas.

Post-partido

No partido disputado este pasado sábado contra o Sanxenxo, o Balonmán Miño presentou a súa candidatura para loitar polos postos de acceso á Final Four que se disputará ao final da campaña.

O encontro dominado de principio a fin polos ourensáns que cunha defensa moi intensa maniatou en todo momento aos potentes e calidosos xogadores do Salnés.

En ataque rompían continuamente a defensa visitante logrando goles doados e aumentando pouco a pouco a vantaxe.

O Sanxenxo non baixou os brazos en ningún momento e fixo que os locais tivesen que non relaxarse até o final do partido para conseguir o 28-23 final.

 

Contundente vitoria do Balonmán Miño contra un rival directo

 

Volver ás novas

+