Derrota enganosa do Balonmán Miño

11ª Xornada de Liga - 2ª Autonómica Masculina

  • 18/12/2021 18:00:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • BM. Miño vs. Luceros B
Previa

O Miño cambia de escenario. Este sábado xogaremos no Municipal de Pereiro de Aguiar onde xa contamos cunha escola.

O partido celebrase ás 18:00h. do sábado onde despóis de 3 partidos puntuando, O Club Balonmán Miño quere seguir ca racha de sumar puntos frente a un rival moi complicado como é o Luceros "B", que é un filiar do equipo que milita na máxima categoría do balonmán nacional como é o Frigoríficos Cangas do Morrazo.

Á mañá terá lugar a concentración Alevín e Benxamín mixto, e xa pola tarde a guinda co partido do Senior Masculino.

Post-partido

O resultado final foi demasiado castigo para o visto durante os 60 minutos no encontro da pasada fin de semana.

O encontro disputouse no Pavillón Municipal do Pereiro de Aguiar e dende os primeiros minutos o filial do Balonmán Cangas comezou dominando o electrónico. Os ourensáns pouco a pouco foron entonándose e recurtando distancias ata lograr igualar a contenda mediado o primeiro acto. Nos últimos intres, varias decisións arbitrais moi protestadas polo bando local fixeron que os do Morrazo se escapasen de novo no luminoso.

Á volta do descanso, o equipo local saiu moi enchufado logrando voltear o marcador ata poñerse por diante a pesares dos catro goles de desvantaxe cos que partiron. Pero mediado o segundo periodo, unha exclusión moi rigurosa de Noguerol descolocou por completo aos do Miño, que encaixaron un 0-4 de parcial que rompeu o partido. A ese parcial uníuselle novas inferioridades que fixeron que os visitantes se escapasen por completo no marcador.

O 24-34 final non reflexa a igualdade existente ao longo de todo o encontro. Destacar o bo ambiente vivido nas bancadas do Pereiro a pesares do frío que acompañou aos siareiros durante toda a tarde.

 

Derrota enganosa do Balonmán Miño

 

Volver ás novas

+