Dous Puntos

13ª Xornada de Liga - 2ª Autonómica Masculina

  • 22/01/2022 18:45:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • BM. Miño vs. Balonmán Xallas FC
Previa

O Balonmán Miño retoma a competición coma locatario no Pavillón Universitario o sábado no horario habitual, 18:45 h.

O equipo, tras un parón invernal no que estivo moi mermado de efectivos, vai recuperando ritmo co obxectivo de retornar á senda positiva de resultados.

Enfronte terá ao Balonmán Xallas FC, situado na penúltima posición da clasificación, que tentará de poñerlle as cousas complicadas aos ourensáns e levarse o trunfo para Santa Comba.

Post-partido

Dous puntos e que ningún xogador se mancou é o positivo que se pode sacar do partido disputado na tarde do sábado no Pavillón Universitario. 

O partido semellaba que ía ser un trámite posto que os ourensáns dende un principio deron mostras da diferenza existente entre ámbolos planteis e fóronse no marcador con facilidade, chegando á metade do período cunha diferenza de 11-2. A partires daí, os visitantes, que non cesaron nin un intre no intento de recurtar distanzas, foron achegándose pouco a pouco no electrónico ata chegar ao descanso cun 17-11.

No segundo acto, os ourensáns comezaron de novo con boas sensacións, encaixando un único gol nos primeiros 10 minutos, 20-12 no electrónico, que semellaba visto para sentenza, pero nada máis lonxe da realidade. Os do Miño fóronse por completo do encontro e os das terras do Xallas, comezaron a recurtar a diferenza o que provocou un desquicio global nas filas locais que incluso temeron rememorar vellas pantasmas, pero que deixaron o marcador no 25-22 final.

Unha vitoria ben seguro que fará reflexionar aos ourensáns, que comezarán a segunda volta coas esperanzas de achegarse aos postos de honra da clasificación.

 

Dous Puntos

 

Volver ás novas

+