Este sábado, dende ás 18:30 h, o Miño despide a súa primeira tempada de competición oficial visitando a Comarca do Xallas, para enfrontarse ao equipo homónimo.
O equipo, novamente, e coma habitual durante a tempada, presentarase con numerosas baixas. A pesares diso, os ourensáns tentarán traerse os dous puntos que lle permitan manter unha máis que meritoria sétima praza na clasificación xeral.