O Miño conxelouse en Lalín

12ª Xornada de Liga - 2ª Autonómica Masculina

  • 15/01/2022 18:30:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • Proquideza Balonmán Loriga vs. BM. Miño
Post-partido

O descanso conxeou as ideas do Miño o sábado pasado no Municipal de Lalín. 

Uns bos primeiros 25 minutos, nos que o Miño tratou de ti a ti ao que tras a finalización da xornada ocupa o primeiro posto da táboa clasificatoria, dominando o encontro en gran parte do mesmo, proseguiron cunha desconexión que provocou que os do Deza se marchasen ao repouso con tres goles de vantaxe, 11-8.

Á volta do receso, os ourensáns seguiron ca tendenza negativa conseguindo dous tantos en 15 minutos, nos que os lalinenses se escaparon por completo do encontro ata o 21-10 que marcaba o luminoso mediado o segundo acto.

A partires daí, os visitantes, coa raza que os caracteriza, non tiraron o partido en ningún intre, e entoáronse de novo, recurtando distancias até o 26-20 final.

Os postos de privilexio póñense cada vez máis complicados para un equipo ourensán que sigue mermado cada fin de semana con numerosas baixas, que ben seguro, cando o plantel esté ao completo dará mostras da calidade que atesoura.

O Miño conxelouse en Lalín

 

Volver ás novas

+