Esforzo sen premio para o Miño

15ª Xornada de Liga - 2ª Autonómica Masculina

  • 05/02/2022 17:30:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • Mecalia Atlético Guardés vs. BM. Miño
Previa

Un Miño, novamente moi mermado de efectivos, tentará traerse os dous puntos na súa visita á vila na que o río homónimo e o Océano Atlántico unen as súas augas.

O sábado, 5 de Febreiro, dende ás 17:30 h, nun escenario que ten vivido grandes batallas tanto estatais como en competicións europeas, o Pavillón da Sangriña, o Mecalia Atlético Guardés fará o posible por romper a dinámica positiva do equipo ourensán, que tras dúas vitorias consecutivas, tenta engancharse aos postos altos da clasificación.

Novamente, preséntase na Guarda, moi mermado de efectivos, pero ben seguro que os xogadores darano todo para conseguir unha nova vitoria que os siga achegando pouco a pouco ás prazas de privilexio da Competición.

Post-partido

Un Miño moi mermado sucumbiu na tarde do sábado no fantástico campo da Sangriña.

Un gran ambiente nas bancadas presenciaron un moi bo partido no terreo de xogo da Guarda. Durante o primeiro tempo, os ourensáns foron capaces de manter o encontro igualado, detendo ao ataque guardés, que soamente conseguía superar a liña defensiva visitante co bo facer do seu pivote, que foi un auténtico crebacabezas. A falta de 4 minutos para rematar o primeiro acto os azuis tiñan balón para empatar, 11-10, pero, dúas exclusións consecutivas de Fran fixeron que o resultado no interceso fose de 16-11. Demasiado castigo para o visto durante os 30 primeiros minutos.

Á volta dos vestiarios, o Miño cambiou a súa defensa tentando lograr recuperar a desvantaxe, pero o cansanzo provocado pola falta de efectivos fixo en van a tentativa visitante, que a pesares de todo non baixou os brazos en ningún momento. O resultado final, 26-19, que curta a racha positiva e impide aos ourensáns seguir achegándose á zona noble da táboa.

 

Volver ás novas

+