Un segundo tempo para esquecer dilapida as opcións do Miño contra o Línea 21

1ª Xornada de Liga - 2ª Autonómica Masculina

  • 10/10/2021 12:00:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • Balonmán Línea 21 vs. BM. Miño
Previa

O Club Balonmán Miño desprázase á cidade da Coruña na mañá do domingo, para enfrontarse ao Balonmán Línea 21 no Pavillón do Novo Mesoiro dende ás 12:00 horas, no primeiro encontro da Liga de 2ª Autonómica Masculina.

Os ourensáns contarán ca baixa, por motivos laborais, do seu porteiro Neves, e a dúbida de Noguerol, por molestias nos abductores. 

O equipo enfrontarase a un rival que combina xogadores veteráns con xogadores moi novos pero non exentos de experiencia en competición que tentarán evita que os do Miño se leven  os primeiros dous puntos da competición para as terras das Burgas.

Post-partido

O Balonmán Miño amosou dúas caras completamente diferentes na mañá do domingo na súa visita á Coruña, que impediron que os primeiros puntos da liga viñeran de volta para Ourense.

No primeiro acto, foi dominado en todo momento polo equipo ourensán que, cunha boa defensa e boas accións en ataque foise distanciando no marcador ata chegar ao descanso cunha vantaxe de 12 - 15.

Na segunda metade, as tornas viraron por completo, os do Línea 21 aumentaron a súa intensidade defensiva, permitida en exceso polos colexiados que amosaron un criterio diferente para cada área, detiveron por completo ao ataque do equipo das Burgas, provocando numerosas perdas de balón e erros no lanzamento que volteraron o resultado xa nos primeiros 15 minutos do segundo período.

Os últimos minutos, de mero trámite deixaron o luminoso no 28 - 22 final.

 

Un segundo tempo para esquecer dilapida as opcións do Miño contra o Línea 21

 

Volver ás novas

+