Empate con sabor a vitoria

19ª Xornada de Liga - 2ª Autonómica Masculina

  • 05/03/2022 19:00:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • Parrillada La Ronda Arteixo Balonmán vs. BM. Miño
Post-partido

Na tarde do sábado, o Miño presentouse en Arteixo soamente con 10 xogadores. A pesares diso, o equipo afrontou o partido ca esperanza de lograr un resultado positivo ante un equipo que marca o corte da Final Four.

No arranque do encontro, a velocidade dos locais, unida ao desacerto visitante, fixo que os coruñeses fosen gañando vantaxe no marcador, ata chegar ao descanso cunha vantaxe de 5 goles, 14-9.

No segundo acto, os ourensáns aclararon as ideas e comezaron a atopar situacións cómodas que finalizaban con éxito e recurtando pouco a pouco a diferenza.

Ao acerto atacante, uníuselle unha intensidade defensiva que maniatou o ataque local e que conseguiu que antes de chegar ao minuto 20 do segundo acto, o encontro se atopase empatado. Os azuis conseguiron poñerse por diante, pero un par de erros de cara a porta deron opcións aos de Arteixo para empatar o encontro.

24 -24 final que deixa as opcións de promoción intactas para os do Miño.

 

Volver ás novas

+