Vitoria sen apuros do Miño perante o colista

21ª Xornada de Liga - 2ª Autonómica Masculina

  • 19/03/2022 19:30:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • Balonmán Ribadosar.es vs. BM. Miño
Previa

O Miño visita este sábado 19, dende ás 19:30 a Capital de Galiza, co obxectivo de traerse os dous puntos que lle permitan seguir enganchado na loita pola 5ª praza que lle dará acceso ao play-off de ascenso a 1ª Autonómica.

Conta cas baixas confirmadas de Noguerol e Borja, pero que o resto dos xogadores tentarán que, coma no resto de tempada, non inflúan nin no traballo nin no resultado final.

Post-partido

O Miño dominou na totalidade do encontro, disputado o sábado ás 19:30 no Pavillón do Restollal, na capital de Galicia.

A pesares da cantidade de baixas cas que novamente afrontou o encontro, o equipo ourensán foi conseguindo despegarse no marcador dende un inicio e manter a distancia ante un Ribadosar que non baixou os brazos en ningún momento.

Os visitantes, con xogadores que tiveron que actuar fóra do seu posto habitual, deron o todo polo todo e conseguiron os dous puntos que lle permiten manterse enganchado na loita pola quinta praza que da acceso ao Play-off de ascenso a Primeira Autonómica.

Destacar sobre todo a presenza dos siareiros máis especiais do club, que levan en voandas ao equipo non cesando de animar nin un intre do encontro.

Vitoria sen apuros do Miño perante o colista

 

Volver ás novas

+