Unha vitoria para seguir na loita

22ª Xornada de Liga - 2ª Autonómica Masculina

  • 26/03/2022 18:45:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • BM. Miño vs. U. B. Lavadores Vigo B
Previa

O vindeiro sábado dende ás 18:45 h no Pavillón Universitario, o Miño recibe ao filial do U.B. Lavadores de Vigo ca necesidade de lograr os dous puntos que lle permitan manterse na loita por entrar ás prazas de Play-off de ascenso a 2ª.

O equipo recupera efectivos que tentarán manter o listón que tan alto levan postos os xogadores que tomaron parte nos anteriores encontros.

Post-partido

O Miño logrou que os dous puntos se quedasen en terras ourensáns e que permiten aos ourensán seguir escalando na táboa clasificatoria así como chegar ás últimas xornadas con opcións de alcanzar as prazas de privilexio que dan acceso ás eliminatorias polo ascenso.

O encontro comezou cos locais moi desacertados e permitindo que os vigueses se escapasen no marcador cun 1-5, pero foi un espellismo, posto que os azuis recuperaron a súa intensidade defensiva e aumentaron o seu acerto atacante para darlle a volta ao marcador e chegar con vantaxe de dous tantos ao tempo de lecer.

Á volta dos vestiarios, os das Burgas foron aumentando a distancia no electrónico para conseguir, por fin, unha vitoria sen sufrimento que fixo as delicias dunha bancada que viviu a mellor entrada da tempada cun ambiente excepcional.

 

 

Volver ás novas

+