Bonito encontro abriu a liga no Pavillón Universitario de Ourense. O Narón visitaba o feudo locatario e presentouse cun equipo moito máis reforzado que co que chegou no partido de Copa disputado no mes precedente.
Os ourensáns estiveron moi imprecisos e cometeron infinidade de erros que provocaron que os da comarca de Ferrol levasen a vantaxe no electrónico durante a maioría do encontro.
Os locais, coma é habitual, en ningún momento baixaron os brazos pero a experiencia dos naroneses fixo que se levasen os dous puntos.