O equipo senior sufriu a súa primeira derrota en Liga nun partido para esquecer. Erros constantes, malas decisións, falta de intensidade e de compañerismo ante un equipo como o Bueu que sabe moi ben ao que xoga e que tivo unha actitude excelente durante todo o encontro.
Derrota do equipo Xuvenil na mañá do sábado en Barbadás. No último partido coas baixas de Miguel e Javi, os nosos xogadores competiron ante un gran rival pero unha mala primeira parte fixo que o encontro chegara ao descanso sete goles por debaixo. Ainda así, os nosos non se rendiron e durante a segunda parte remontou ata unha vantaxe de 10 goles, poñendose a tan solo dous pero fruto do cansanzo volvemos a cometer errores e o partido rematou co 32-38 no marcador.
Derrota tamén do equipo infantil que segue intentando adaptarse a unha categoría con equipos de maior nivel. Aínda así, son moitas as cousas positivas a sacar do encontro do sábado.
As nosas escolas tamén continúan coa súa competición, aprendendo, disfrutando e medrando co balonmán unha semana máis.