Este sábado no horario habitual, ás 18:45 no Pavillón Universitario de Ourense, o Balonmán Miño recibe ao Ribadosar de Santiago, o pechacancelas da categoría, que conta cun único punto no seu haber.
O partido presentase propicio para que os ourensáns se reencontren ca vitoria pero os santiagueses han facer o posible por sumar puntos no feudo ourensán que o fagan remontar postos na clasificación.
Despois do amargo empate da semana precedente, o Miño tentará seguir ca mellora no xogo ofensivo e manter o empaque defensivo que serán as claves para poder ofrecer aos siareiros a tan ansiada vitoria.
Quen diría que tal e como estaba encamiñado o partido nos primeiros vinte minutos, íalle custar tanto lograr a vitoria a pasada fin de semana ao Balonmán Miño.
O partido comezou cun Miño dominante, tanto en ataque como en defensa, que foi incrementando a vantaxe no electrónico ata un 16-9 aos vinte minutos de encontro. O partido parecia visto para sentenza, pero dous tempos mortos case consecutivos do Ribadosar, semella que conxelaron aos ourensáns que perderon a fluidez no xogo e comezaron as máis que habituais perdas de balón, que deixaron o electrónico nun vantaxoso 19-15 no tempo de lecer.
Á volta do descanso, os ourensáns tiñan a consigna de finiquitar o encontro, pero nada máis lonxe da realidade, posto que as imprecisións na circulación de bola e de cara a portería fixeron que os santiagueses déranlle volta ao electrónico ante as miradas atónitas de todos os presentes no Pavillón Universitario que non daban creto que ca diferenza amosada no inicio do partido, estivésese dando esa situación.
Nos últimos minutos, coma sempre, os ourensáns tiraron de carraxe para darlle volta ao electrónico e finalmente poder levarse esta tan ansiada e sufrida vitoria na casa.
Os ourensáns disputaron o partido ca equipación suplente, a de cor morada, para honrar o Día Contra a Violencia de Xénero, celebrado ao longo da semana.
Cabe destacar o apoio incondicional dos seareiros, sobre todo dos máis pequenos da casa, a base, que non pararon un segundo de animar ao seu equipo.