Tarde aciaga do Miño no Grove

5ª Xornada de Liga - 2ª Autonómica Masculina

  • 06/11/2021 18:00:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • Calmear Rasoeiro vs. BM. Miño
Previa

Este vindeiro sábado, dende as 18:00 h, o Balonmán Miño ten posiblemente a saída máis complicada de toda a tempada, posto que visita a difícil cancha do líder, o Calmear Rasoeiro Balonmán, que polo momento conta todos os partidos por vitorias.

O equipo ourensán, despois do amosado o fin de semana anterior, está comezando a conseguir unha boa continuidade no xogo ofensivo e sobre todo un gran empaque defensivo, que sempre é o factor fundamental para lograr trunfos.

O Miño tentará estar máis atinado cara a portería, un dos puntos fortes do equipo meco, do que estivo a semana precedente na que tivo menos dun 50% de acerto e inda así logrou rescatar un punto, que evitará que o Rasoeiro se escape na táboa clasificatoria.

Post-partido

Un primeiro tempo sen acerto algún, sobre todo no eido ofensivo, no que o Balonmán Miño perdeu máis de 10 balóns decantaron a balanza a prol dun Rasoeiro que demostrou por qué é o lider en solitario da categoría. Cada perda ourensá convertíase nunha vertixinosa contra que case na súa totalidade remataron en gol, a pesares dos intentos do gardarredes Neves que se desesperaba ataque tras ataque baixo os paos.

Chegábase ao descanso cunha vantaxe de 11 goles, 22-11, a favor dos mecos. No descanso, os ourensáns tentaron recompoñerse, sobre todo para evitar que a sangría continuase. Para máis desgraza, mediado o segundo tempo, o pivote Tourón sufriu unha rotura fibrilar nun xemelgo, confirmada no día de hoxe, que o manterá no dique seco perto dun mes, que se suma á grande cantidade de baixas cas que se presentaron os ourensáns no Grove.

Ó final, un resultado de 40-25 foi o menor dos males.

Tarde aciaga do Miño no Grove

 

Volver ás novas

+