Resumo do fin de semana 🤾♂️💙
O do equipo senior xa parece o mesmo partido todas as semanas: primeiro tempo para esquecer, sen ritmo en ataque e desconectados en defensa e que chegou ao descanso cos nosos, 5 goles por debaixo, e un segundo tempo no que os xogadores dan o 200% ata que consiguen remontar e poñerse por diante a falta de quince minutos, aguantando a vantaxe ata o final. Victoria que nos permite seguir invictos na Liga. Este sábado 28 recibimos ao Narón no Pabellon dos Remedios.
Primeira victoria da tempada do equipo xuvenil ante o Pontedeume cun axustado 32-31. A falta de efectivos polas lesións de Miguel e Javi fixo que o conxunto visitante marchara ao descanso 2 goles por riba e a pesares de non ser o mellor partido do equipo, os rapaces deron todo e lograron remontar ata 4 goles de vantaxe nos últimos 15 minutos de partido para conseguir os primeiros e tan esperados 2 puntos que levaban merecendo varias xornadas.
Moi bo partido do equipo infantil masculino ante un rival con máis experiencia. Os nosos rapaces chegaron a estrelar 9 balóns contra os paus e remataron o encontro cun marcador de 28-19. Aínda sendo unha derrota, deixaron moi boas sensacións.