Borracheira de goles do Miño na fin de semana dos Magostos

5ª Xornada de Liga - 2ª Autonómica Masculina

  • 12/11/2022 18:45:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • BM. Miño vs. Parrillada La Ronda Arteixo Balonmán
Post-partido

Ata a cifra de 40 goles chegou esta pasada fin de semana o Balonmán Miño, nun encontro no que tardou en atopar sensacións, coma ven sendo tendenza nos últimos encontros.

Nunha semana na que só se puido adestrar un único día debido ao festivo, o Miño chegou con déficit de preparación que puido mermar o potencial do equipo.

O equipo estivo moi feble en defensa e pouco atinado en ataque o que fixo que o encontro estivese igualado ata prácticamente o final do primeiro periodo, no que os ourensáns xa chegaron por riba no electrónico.

No segundo acto, mellorouse o nivel defensivo e provocou que os locais se fosen distanciando no marcador ata o 40-30 final.

Borracheira de goles do Miño na fin de semana dos Magostos

 

Volver ás novas

+