Vitoria sen brillo en Santa Comba

6ª Xornada de Liga - 2ª Autonómica Masculina

  • 25/11/2022 20:00:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • Balonmán Xallas FC vs. BM. Miño
Post-partido

Día complicado o do sábado, todo estaba en contra. Viaxe longa, tempo frío e a última hora da tarde, a maiores, o equipo presentouse en Santa Comba con moitas baixas que obligaban a modificar o esquema de xogo habitual. As circunstancias non axudaban nada e os ourensáns amosáronse moi erráticos, tanto en ataque coma en defensa, o que facía que os xalleiros dominasen o encontro dende o principio. Pero pouco a pouco os visitantes recortaban distancias para chegar ao descanso soamente cunha desvantaxe dun gol.

No segundo acto, os do Miño fóronse entoando pouco a pouco e aos 15 minutos xa recuperaron o liderado no marcador que xa non soltaron ata á fin do tempo reglamentario.

Dous puntos que con moito esforzo retornan a Ourense e permiten seguir na loita por alcanzar o grupo de honra da segunda fase.

 

Volver ás novas

+