O Miño segue sen perder

2ª Xornada

  • 15/10/2023 12:45:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • Distevi Seis do Nadal vs. BM. Miño
Post-partido

Resumo do fin de semana 🤾‍♂️💙

Outro partido no que o Miño senior vai por detrás no marcador ata a segunda metade. A defensa e a actitude moi positiva por parte de todos os xogadores foron as claves da remontada para rematar co 31-33 definitivo.

Fantástico partido o disputado polos nosos xuvenís o sábado en Tui. A falta de fondo de armario e unha nova baixa lastraron ao equipo e non puido traer os dous puntos para Ourense. Moi intensos en defensa e conxuntados en ataque fixeron que chegasen ao último treito do partido con opcións, pero ahí, os erros debidos ao cansanzo e a escordadura de nocello que sufriu Miguel a falta de 6 minutos lastraron ao equipo e fixeron que o Tui ampliase a vantaxe até o 39-34 final.

Esta semana recibimos ao Pontedeume, o sábado ás 11:30 h, na procura da tan ansiada e merecida vitoria.

O equipo infantil masculino perdeu ante un rival claramente superior tanto a nivel técnico como físico, pero que lles serve para seguir aprendendo e disfrutando do noso deporte.

 

O Miño segue sen perder

 

Volver ás novas

+