Catro de catro

4ª Xornada

  • 28/10/2023 18:30:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • BM. Miño vs. BM. Narón
Post-partido

Nova vitoria do equipo senior e xa son 4/4 para o noso equipo, que segue na parte alta da clasificación tras un encontro igualado ante un gran rival como o Narón, que puxo as cousas difíciles aos nosos xogadores, obrigando a remontar varias veces durante o partido ata os minutos finais, onde o equipo puido coller unha pequena vantaxe que remataría cunha victoria por 33-30. 

Derrota do equipo xuvenil na mañá do sábado ante o Ribeiro. Novamente sen recuperar nin a Javi nin a Miguel, o noso equipo lastrou a falta de xogadores que sumado a alguns erros en ataque, fixo que o partido rematara cun 33-18 no marcador. A pesares do resultado, os nosos xogadores deron todo o que podían e volverán a loitar pola victoria este sábado ante o Chapela.

Tamén comezou a tempada dos nosos pequenos e pequenas guerreiros, que están aprendendo e disfrutando do noso deporte.

 

Catro de catro

 

Volver ás novas

+