Fin de semana de victorias

6° Xornada

  • 11/11/2023 18:15:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • BM. Miño vs. Asmubal Meaño
Post-partido

Costoulle gañar ao equipo senior ante un Meaño que non baixou nunca os brazos. Coas baixas de Joel, debido á lesión nas costelas que o terá fóra do equipo ata a volta de nadal e a de Noguerol, que foi co xuvenil a Cangas, os senior comezaron cun ritmo altísimo que foi diminuindo co paso dos minutos. Despois dun tempo morto no minuto 8 da segunda metade, o equipo pisou o acelerador e cunha serie de contraataques e xogadas acertadas conseguiron poñer distancia ata acadar o 33-25 final. 

 

Segunda victoria da tempada para o equipo Xuvenil nun escenario sempre especial como é o Gatañal nun horario nocturno e pouco habitual. Recuperamos despois dun mes a Javi nun partido que foi moi igualado, pero que na meirande parte do encontro fumos por diante pero nunca por máis de tres goles. A entrega e unha boa defensa nos minutos finais fixo que os dous puntos viaxaran a Ourense cun apretado 22-23.

 

Primeira victoria dos nosos infantis, que viaxaban a Coia para visitar ao Seis do Nadal, nun partido que parecía partir en contra para os nosos que viaxaban con numerosas baixas. Na primeira metade os erros de lanzamento, as incongruencias ofensivas e as desconexións en defensa provocaron que chegaran ao descanso tres a baixo (10-7). Tras o descanso, os nosos nenos parecían outros, e aínda que a portería local estuvo acertada, os nosos non cesaron no seu empeño e remataron vencendo o partido por 16-19 encaixando tan só 6 goles no segundo tempo grazas a colaboración da defensa e a portería que unida aos acertos no contrataque e o ataque posicional fixeronlles gañar o encontro.

 

Fin de semana de victorias

 

Volver ás novas

+