Fin de semana irregular para o Miño

7° Xornada

  • 18/11/2023 16:00:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • Millaven CP Lucense vs. BM. Miño
Post-partido

O equipo senior saíu derrotado na súa visita a Lugo nun partido moi complicado e condicionado polas baixas, unha arbitraxe falta de criterio e numerosos erros debido a intensidade (moitas veces excesiva) do rival. O equipo non conseguiu atopar solucións na primeira metade e na segunda viuse mermado polas numerosas exclusións recibidas. Este sábado reciben no Pabellon dos Remedios as 18:30h ao Xiria B tentando volver á senda da victoria. 

Victoria do Xuvenil Masculino o pasado sábado no pabellón ante o Abegondo nun novo partido bastante igualado entre ambos conxuntos. Aínda así, unha boa defensa por parte dos nosos fixo que na primeira parte rematara con só 9 goles en contra. Na segunda metade o Abegondo probou cousas diferentes pero o equipo soubo repoñerse mediante ataques longos para finalmente gañar o encontro por 23-20. Na fin de semana viaxaran ata Coruña para xogar ante o Culleredo o sábado ás 12:00h.

Esta fin de semana pasada tocounos organizar tamén a Concentración Alevín - Benxamín que deixou unha bancada moi colorida toda a mañá e na que os rapaces e rapazas pasaron un día xenial. 

 

Fin de semana irregular para o Miño

 

Volver ás novas

+