O Balonmán Miño aboado aos empates

7ª Xornada de Liga - 2ª Autonómica Masculina

  • 20/11/2021 17:00:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • SAR vs. BM. Miño
Previa

O Club Balonmán Miño visita a difícil cancha da Bombonera de Redondela, este sábado ás 17:00 h, para enfrontarse ao Balonmán SAR, equipo que apeou aos ourensáns da Copa nos oitavos de final, nunha eliminatoria axustadísima que se tivo que decidir pola diferenza de goles en campo contrario.

O equipo das Burgas recupera efectivos para este encontro, no que soamente estarán as baixas de Tourón, que segue recuperándose da rotura de fibras no xemelgo, Nilson, con molestias nunha man, e o porteiro Neves, moi destacado na xornada precedente, por motivos laborais.

Os ourensáns buscarán a unidade que permita recuperar o bloque defensivo e a continuidade no xogo ofensivo para tentar traer os dous puntos de volta, que permita ir escalando posicións na táboa clasificatoria.

Post-partido

Novo empate, o terceiro en sete xornadas, do Balonmán Miño. Esta vez na visita a Redondela na tarde do sábado, para enfrontarse ao filial da SAR.

Un encontro no que ningún dos dous equipos puido escaparse no marcador en ningún momento.

Á volta do descanso, ao que se chegou con igualdade a 14 no luminoso, os ourensáns disfrutaron de dous minutos en superioridade que non souberon aproveitar, perdendo o parcial por 0-2. O mesmo ocorreu mediado o segundo acto, no que foron catro minutos consecutivos cun home máis e perdendo novamente a superioridade por 2-1. 

No último minuto, no que os ourensáns entraron por diante no taboleiro, unha exclusión, moi protestada polos visitantes, fixo que os redondeláns atacasen en superioridade conseguindo o gol que firmou as táboas finais.

Cabe destacar a presenza na bancada de incondicionais do equipo ourensán que deron o seu apoio para lograr unha vitoria que na vindeira xornada non se poderá escapar.

 

O Balonmán Miño aboado aos empates

 

Volver ás novas

+