Primeira vitoria en Liga do Miño

3ª Xornada Liga 2ª Autonómica Masculina

  • 23/10/2021 20:15:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • Balonmán Chapela vs. BM. Miño
Previa

O sábado dende ás 20:15 no Municipal Manuel González Soto de Chapela, o Club Balonmán Miño visita ao segundo equipo do Balonmán Chapela, un equipo que inda non coñece a derrota.

O equipo ourensán moi mermado durante a semana por motivos físicos e sobre todo, laborais, desprazarase a terras redondeláns a tentar continuar cas boas sensacións amosadas no segundo tempo da semana precedente, na que conseguiu recurtar os cinco goles de desvantaxe cas que foi ao descanso contra un rival da entidade do Mecalia Atlético Guardés, para firmar as táboas ao final do encontro.

Para elo, agás Noguerol e o porteiro Óscar, todo o plantel estará dispoñible para a búsqueda da primeira vitoria na Liga regular.

Post-partido

Mesmo guión que nas anteriores xornadas de Liga. O Miño amosou dúas caras diferentes en cada período. 

No primeiro acto, o equipo estivo moi desacertado tanto en defensa coma en ataque, no que lle custou moito entrar no partido. Moitas perdas de balón e moi pouca continuidade no xogo facían que o Chapela liderase o marcador ata chegar ao 12-10 do descanso.

Á volta do repouso, os ourensáns incrementaron a intensidade defensiva e fóronse entonando en ataque, para xa á metade da segunda metade xa lideraba o luminoso. Pouco a pouco foi aumentando a distancia para chegar ao 23-28 final que da ao equipo os dous primeiros puntos.

 

Primeira vitoria en Liga do Miño

 

Volver ás novas

+