O Miño dilapida as súas opcións de vitoria nos últimos minutos

6ª Xornada de Liga - 2ª Autonómica Masculina

  • 13/11/2021 18:45:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • BM. Miño vs. Parrillada La Ronda Arteixo Balonmán
Previa

O Balonmán Miño recibe este sábado, na súa hora habitual, ás 18:45 h no Pavillón Universitario de Ourense ao Parrillada La Ronda Arteixo Balonmán. Un equipo con moita xuventude no seu plantel, que avantaxa aos ourensáns en 3 puntos na clasificación, 7 puntos, que o sitúan na cuarta plaza da táboa.

O equipo azulón tentará recuperar sensacións despois da dura derrota recibida o fin de semana anterior na cancha do líder. Preséntase novamente con numerosas baixas pero os xogadores dispoñibles darán todo para seguir invictos como locatarios.

Post-partido

Uns desastrosos últimos minutos de encontro deron ao traste cas opcións de vitoria dun Miño que foi por diante do marcador en prácticamente a totalidade do encontro.

Unha moi boa defensa durante o primeiro tempo mantivo á liña a un Arteixo, equipo moi novo e con moito ritmo de xogo, ata conseguir chegar ao descanso cunha vantaxe de tres goles, 16-13.

No segundo acto, os coruñeses recurtaban distancias que os ourensáns conseguian aumentar ata un máximo de tres goles que parecían que en calquera momento se escaparían e sentenciarían o partido. Nada máis lonxe da realidade, posto que os de amarelo non deron por perdido o encontro en ningún momento e loitaron ata o final.

Nos cinco últimos minutos, unha sucesión de erros do equipo azulón fixeron que as tornas se invertisen e que o Parrillada La Ronda Arteixo se levase os dous puntos.

 

O Miño dilapida as súas opcións de vitoria nos últimos minutos

 

Volver ás novas

+