Un punto máis no taboleiro

4ª Xornada de Liga - 2ª Autonómica Masculina

  • 30/10/2021 18:45:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • BM. Miño vs. Balonmán Moaña
Previa

O sábado dende ás 18:45 h no Pavillón Universitario, o Balonmán Miño recibirá ao Balonmán Moaña, equipo situado na segunda posición da clasificación e que inda no coñece a derrota, na procura de repetir o resultado obtido na pasada fin de semana.

Os ourensáns tentarán mellorar o rendemento amosado nos dous partidos anteriores, nos que durante as primeiras metades dos encontros non conseguiu a continuidade no xogo precisa para ir por riba no marcador, tendo que facer un esforzo encomiable para voltear o marcador. Preséntanse ao encontro ca dúbida de Nilson e Noguerol con molestias físicas, para tentar acadar os dous puntos e empatar a puntos cos do Morrazo.

Post-partido

O pasado sábado o Balonmán Miño estrelouse contra unha portería que non quería que os balóns rematasen no interior da rede. Máis de 30 lanzamentos marraron os ourensáns que cando non se atopaban cas intervencións de Popi, topábanse ca madeira do cadro do Morrazo.

Unha boa actuación a niveis xerais de toda o plantel, que a nivel defensivo forzou numerosos erros do ataque visitante que propiciaban contras doadas, pero que os ourensáns non eran capaces de materializar, e a nivel ofensivo, atopaban boas situacións de lanzamento que non finalizaban en gol.

Ao descanso chegábase cun 8-8 no marcador e unha estatística de 8 de 23 lanzamentos acertados.

No segundo acto, máis do mesmo, os do Miño moi desacertados e un Moaña que collía vantaxe de ata 3 goles a falta de 7 minutos. Nuns últimos minutos de infarto, os ourensáns lograron igualar o encontro para sumar un máis que meritorio empate despois do desacerto que se viu no Pavillón Universitario.

 

 

Volver ás novas

+