Unha derrota que dilapida as opcións de promoción

23ª Xornada de Liga - 2ª Autonómica Masculina

  • 02/04/2022 18:30:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • Sanxenxo Balonmán vs. BM. Miño
Post-partido

Na pasada tarde do sábado, o Miño quedou prácticamente sen opcións de clasificarse para a Final Four que otorga a segunda praza de ascenso e soamente unha milagre faría que os ourensáns puidesen entrar.

Nun encontro no que foron a remolque durante os 60 minutos e nos que dende o arrinque os xogadores azuis, esta fin de semana, ca cor morada da equipación reserva, non conseguiron meterse no encontro. As continuas protestas ás controvertidas decisións arbitrais, cun rasero moi diferente en ámbolos lados do terreo de xogo durante todo o partido, lastraron o xogo ourensán. 

En ningún momento conseguiron ver porta con claridade e a activa defensa local propiciaba erros de lanzamento e perdas de balón que se convertían en rápidas contras e goles doados do conxunto local, que pouco a pouco foi conseguindo abrir fenda no marcador.

Os do Miño en ningún intre deixaron de loitar e incluso recurtaron o marcador ata os 5 goles no último treito do encontro, pero que foi infructuoso e os dous puntos quedáronse nas terras do Salnés.

 

Volver ás novas

+