Un Narón moi experimentado lévase os dous puntos de Ourense

1ª Xornada de Liga - 2ª Autonómica Masculina

  • 15/10/2022 18:45:00
  • 2° Autonómica Masculino
  • BM. Miño vs. Balonmán Narón
Post-partido

Bonito encontro abriu a liga no Pavillón Universitario de Ourense. O Narón visitaba o feudo locatario e presentouse cun equipo moito máis reforzado que co que chegou no partido de Copa disputado no mes precedente.

Os ourensáns estiveron moi imprecisos e cometeron infinidade de erros que provocaron que os da comarca de Ferrol levasen a vantaxe no electrónico durante a maioría do encontro.

Os locais, coma é habitual, en ningún momento baixaron os brazos pero a experiencia dos naroneses fixo que se levasen os dous puntos. 

 

 

Volver ás novas

+